Polémica no Parlamento por poñerlle a unha sala o nome do primeiro presidente da Xunta

Podemos Galicia denuncia que o PP está quebrantando a Lei de Memoria Histórica, ao aprobar o renomeamento da Sala Xunta de Portavoces polo de Sala Antón Rosón, unha figura vinculada coa Falanxe Española e coa sublevación militar.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2021 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

Podemos Galicia denunciou este luns que a Sala Xunta de Portavoces do Parlamento pase a chamarse Sala Antonio Rosón, unha medida aprobada polo PPdeG que, segundo o partido, incumpre A Lei de Memoria Histórica por exaltar a unha figura relacionada coa Falanxe Española e coa sublevación militar.

Antón Rosón Pérez - GaliciaDigital
Antón Rosón Pérez - GaliciaDigital

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, criticou que a Xunta utilice como escusa o recoñecemento de “figuras ilustres” da cultura e a historia galegas para as novas denominacións da Cámara. “Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Castelao, Emilia Pardo Bazán, iso si son figuras ilustres de Galicia, non un fascista que perseguiu aos demócratas e que encabezou a represión nos Ancares”, explicou Gómez Reino.

Antonio Rosón foi presidente da preautonomía e primeiro presidente do Parlamento de Galicia. En 1936 ingresou na Falanxe de Becerreá e proclamou o Estado de Guerra coa sublevación dos militares contra a República. Por aquel entón foron máis dunha ducia de cadáveres os executados a cargo de milicias fascistas e da Garda Civil.

Por outra banda Podemos tamén manifestou a súa incredulidade ante a abstención do PSdeG na votación. "“Non entendemos que o PSdeG se abstivera nesta votación. Debe ser un compromiso político recuperar a memoria, pero para iso hai que nomear a estas personalidades da ditadura como o que realmente son. Antonio Rosón foi partícipe dunha das épocas máis duras da nosa historia, non é merecedor de ningún recoñecemento", indican. Podemos Galicia esixe a Feijóo que rectifique e aplique a lei e "non glorifique a un represor nun edificio público".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Riolo

Lo que había que ilegalizar era Podemos, un partido que HOY apoya a dictaduras asesinas y comunistas que sojuzgan a centenares de millones de personas.

1 Manda carallo

Tí non es ben.