O xulgado levanta o segredo do sumario do crime de Samuel Luiz na Coruña

Hai seis persoas relacionadas coa súa morte, tres están en prisión, dous nun centro de menores e unha muller en liberdade condicionada.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/08/2021 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A titular do Xulgado de Instrución número 8 da Coruña levantou o segredo do sumario do crime de Samuel Luiz, ocorrido na madrugada do 3 de xullo durante unha malleira que acabou coa súa vida, segundo confirmaron fontes xurídicas consultadas por Europa Press.

Esta medida, aplicada ata a data, impedía ás partes personadas no caso acceder ao contido das dilixencias de investigación practicadas ata o momento, ás que agora poderán ter acceso.

Na actualidade hai tres mozos en prisión provisional, comunicada e sen fianza pola malleira que lle custou a vida a Samuel Luiz. Ademais, dous mozos que non alcanzan a maioría de idade --uno deles con antecedentes penais-- ingresaron nun centro de menores. Unha sexta detida, unha muller, foi posta en liberdade condicionada a comparecencias regulares no xulgado.

Un dos investigados pola morte de Samuel Luiz acode, esposado e acompañado dun axente da Policía Nacional, ao  Xulgado de Instrución número 8 da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Un dos investigados pola morte de Samuel Luiz acode, esposado e acompañado dun axente da Policía Nacional, ao Xulgado de Instrución número 8 da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta