Galicia pecha decembro con máis parados que en novembro

Xa son 271.063, un 0,08 máis que en novembro. Hai máis mulleres no paro que homes. A tendencia é a inversa que o Estado Español, que tivo 107.570 parados menos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/01/2014 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Galicia pechou o ano con 271.063 parados, 7.724 menos que un ano antes, un -2,77 por cento, a pesar de que no mes de decembro produciuse un lixeiro repunte de 209 desempregados, un 0,08 por cento máis que o mes anterior.

Fileira diante dunha oficina do paro
Fileira diante dunha oficina do paro

E iso, nun mes no que o conxunto do Estado español tivo un descenso histórico de 107.570 persoas, a maior baixada nun mes de decembro desde toda a serie histórica. Así, pechou o ano con 4.701.338 parados, 147.385 menos que un ano antes.

Segundo os datos publicados este luns polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Galicia non queda ben parada. Por sectores, o paro descendeu en decembro en Galicia en Servizos, 2.379 desempregados menos e no colectivo Sen Emprego anterior, -487 desempregados.

En cambio aumentou no sector da Construción, 1.817 parados; na Industria, 661 parados e en Agricultura, 597 persoas, o que arroxa o leve repunte de 209 desempregados no mes de decembro, un 0,08 por cento máis que o mes anterior.

Só a Coruña ten datos positivos en decembro

Por provincias, o ano rematou cunha baixada mínima en todas elas con respecto a 2012 pero con subas con respecto ao mes anterior. A única que se salvou en decembro foi A Coruña que tivo 359 parados menos, un 0,34 por cento. 

Precisamente foi esta provincia a que tivo un maior descenso ao longo do ano; un 3,99 por cento, con 4.390 desempregados menos. En canto ao resto, Ourense foi a segunda provincia en termos relativos na que máis descendeu o paro en 2013, un 3,72 por cento menos, 1.131 persoas. En Pontevedra o paro descendeu en 1.879 persoas en 2013, un 1,79 por cento menos, e en Lugo o descenso foi de 324 persoas, un 1,16 por cento menos.

Máis en Servizos

Por cifras totais, o sector Servizos concentra máis da metade de desempregados, con 161.160 persoas; a Construción acumula 40.448 parados e séguelle o sector da Industria con 38.291 desempregados.

Por sexo e idade, Galicia pechou 2013 con 138.096 mulleres desempregadas e con 132.967 homes, mentres que os menores de 25 anos sumaban 16.727 desempregados a 31 de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 balance

No conxunto do ano baixou o paro, e seguimos case que cinco puntos por debaixo da media media nacional de paro.

1 FUN_EU

É verdade: dobláchedes o paro que deixóu o bipartito en Galicia, pero aínda tedes cancha para facelo peor.

2 límico

Lamento profundamente este drama, pois teño familiares sufrindoo. Mais tamén é un paradoxo que moitas destas 300000 persoas e as súas familias apoien ao PP. Ben votando a dito partido, ben abstendose e non votando a outros. Apoiemos aos partidos con sede na Galiza, se nós non miramos polo noso ¿quén o vai facer?, ¿o partido do despilfarro, da corrupción, da conferencia episcopal, da especulación, do machismo, do tardofranquismo, da extrema derita, do nacionalismo español....?

1 FUN_EU

OS partidos, PP e PSOE. O que fixo o Psoe ca industria galega non ten perdón nin debe esquecerse.

1 Cicerone

Non me estraña. Até pechou o pub de Pontevedra onde Mariano Rajoy coñeceu á que logo foi a súa muller. Proposta: para que non se perdan os seus postos de traballo, o chamado Pub Universo, podería ser declarado “monumento histórico-cultural” e que os guías, alí contratados, expliquen como se liga a un notario que co tempo chegou a presidente do goberno de España. Esa si que era oficina de emprego.

1 galegoexiliado

Hai xa tempo que debería figurar no catálogo monumental de Puentevedra, na guía do camiño de santiago e na lista de lugares de peregrinación ppopular como a rua de génova ou o val dos caidos.