CCOO critica que se primen os custos sobre a calidade técnica na contratación de rastrexadores

O sindicato critica que a empresa que prestaba servizos como o dos rastrexadores se viu superada na parte económica pola que finalmente os levou a cabo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia critica que a adxudicación dos rastrexadores para o Sergas se tomase primando os custos sobre os aspectos técnicos. Ante isto, o sindicato denuncia que "basear a adxudicación de calquera servizo público no abaratamento de custos en lugar da calidade técnica e non velar para que se respecten as condicións laborais do persoal, acaba repercutindo na calidade dos servizos públicos".

Teléfono, atención telefónica
Teléfono, atención telefónica | Fonte: remitida

Como apunta CCOO, segundo a documentación pública da adxudicación, a empresa que prestaba os servizos reunía unha puntuación técnica máis elevada, que se viu superada na parte económica pola empresa que finalmente levou a cabo o servizo.

O sector de Contact Center ocupa a unhas 9.000 persoas na comunidade autónoma de Galicia, sector que presta servizos esenciais coma os enerxéticos, telecomunicacións, bancarios e de asistencia sanitaria. Neste grupo, inclúense profesionais como os rastrexadores, urxencias ou a atención telefónica de primeiro nivel en materia de información COVID-19. 

Dende CCOO denuncian que os "principais impulsores da precariedade laboral sexan as administracións públicas" e piden que se eliminen as políticas de adxudicacións a baixo custo", pois isto prexudica aos cidadáns e aos profesionais cuxas condicións de traballos "se ven constantemente precarizadas". "É hora que tanto as administracións públicas como as empresas privadas deixen de precarizar este sector, obrigando ás empresas a competir en prezos á baixa e fomentando o dumping empresarial", conclúen dende o sindicato . 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta