A Deputación de Pontevedra destina máis de dous millóns de euros para peonalizacións

As subvencións que se conceden aos concellos buscar realizar "actuacións de recuperación do espazo público para as persoas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra concederá axudas aos concellos por 2,2 millóns de euros para peonalizacións no marco das subvencións para realizar actuacións de recuperación do espazo público para as persoas.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, presentaron este mércores as subvencións concedidas aos municipios para realizar "actuacións de recuperación do espazo público para as persoas" ao amparo do Plan Ágora, a rede de acción institucional da administración provincial e os concellos para realizar políticas que fomenten este tipo de actuacións de "impulso das mobilidades alternativas".

Uxío Benítez subliñou que por parte da Deputación van "repartir 2,2 millóns de euros para actuar en 170.000 metros cadrados, con 140.000 deles dedicados integramente aos peóns". Segundo informou Uxío Benítez, a día de hoxe, teñen "54 concellos adheridos" a este Plan Ágora dos 61 que hai na provincia pontevedresa.

Dentro das iniciativas do plan existe unha liña de axudas para a redacción de proxectos (cunha subvención máxima de 50.000 euros cun tope do 90% do valor da redacción) e execución de obras (subvención do 20% cun importe máximo ata 100.000 euros). Como requirimentos esíxese un incremento do espazo peonil do 50% respecto ao existente e que a superficie gañada teña un mínimo de 300 metros cadrados "cando remate o plan queremos ter datos reais de cantos metros cadrados de espazo público xeráronse", dixo Benítez.

PROXECTOS

En total para a redacción de 31 proxectos a Deputación de Pontevedra vai dar axudas por un total de 1,5 millóns de euros "que suporán un total de 82.313 metros cadrados gandos para os peóns". E para a execución de oito obras noutros tantos municipios subvencionaranse por un importe de 666.682 euros que suporán 13.703 metros cadrados peonís.

Carmela Silva asegurou que na administración provincial supón "unha gran referencia en cumprimento da Axenda 2030 e de todo o que ten que ver cos fondos Next Generation da Unión Europea e a 'políticas panca' do Goberno do Estado". "Imos un paso por diante", sentenciou sobre Pontevedra.

REACCIONA PONTEVEDRA

A presidenta provincial lembrou que este pasado luns terminou o prazo para presentarse ao Plan REACPON (Reacciona Pontevedra) ao que a Deputación destina 20 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes con tres liñas de financiamento para proxectos en espazos públicos, de rehabilitación e de nova construción.

Carmela Silva indicou que os proxectos presentados ao ReacPon cumpren os principios do Plan Ágora, polo que considera que "ter un proxecto claro, ter as ideas claras, fai que toda a provincia, moi maioritariamente se someta a este modelo". Por iso, afirmou con rotundidade que son "a administración de todo o Estado que conta con máis complicidade dos concellos para a transformación".

Finalmente Carmela Silva asegurou que "esta provincia hoxe está xa irrecoñecible, pero o cambio en 2023 vai ser tan transcendental que fará" deles "o exemplo a seguir", rematou "con orgullo" a presidenta da Deputación de Pontevedra.

Zona peatonalizada en Pontevedra - Pontevedra Viva
Zona peatonalizada en Pontevedra - Pontevedra Viva

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta