O proxecto de recuperación ambiental da ría do Burgo empezará en outubro

O delegado do Goberno informou de que os traballos contan cun investimento de 80 millóns.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/08/2021 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, ratificou que o proxecto de recuperación ambiental da ría do Burgo empezará en outubro, segundo expuxo nunha visita institucional ao concello de Culleredo.

Acompañado pola subdelegada do Goberno, María Rivas; José Miñones mantivo unha reunión co alcalde do municipio, José Ramón Rioboo, na que analizaron algunhas das principais actuacións que se están desenvolvendo no concello e avaliaron diversos proxectos impulsados polo goberno municipal. A rexeneración ambiental da ría do Burgo, o aeroporto de Alvedro e o proxecto de recuperación das antigas instalacións do Cros foron os puntos centrais do encontro.

O delegado do Goberno informou o alcalde da situación administrativa do proxecto de recuperación ambiental da ría, cuxos traballos empezarán en outubro e que conta cun investimento de máis de 32 millóns.

Por outra banda, lembrou que a principios de 2022 comezarán as obras de reforzo de pavimentos do aeroporto e a execución dunha nova plataforma de xiro. Trátase dun proxecto que conta cun orzamento de 80 millóns de euros.

De maneira paralela, aludiu á creación dunha comisión para analizar a afectación do Plan Director do Aeroporto de Alvedro e o establecemento de servidumes aeronáuticas na que participarán os concellos de Oleiros, Culleredo e Cambre, afectados pola pegada sonora, ademais da Xunta, a Dirección Xeral de Aviación Civil, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Aena.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones | Fonte: Delegación do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta