Ribeira acollerá a primeira residencia do novo modelo de coidados que implantará Galicia, segundo Feijóo

Feijóo destaca o labor de conservación e divulgación dos museos e a súa potencialidade para un turismo seguro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que Ribeira acollerá, nun proxecto piloto, a primeira residencia do novo modelo de coidados que implantará Galicia.

Cun orzamento duns 10 millóns, a Xunta apunta que será financiada con fondos europeos e contará cun máximo de 100 prazas e unha estrutura "adaptada ao novo modelo, máis centrada na persoa, accesible e con maior intimidade grazas ás habitacións individuais e os baños adaptados".

"O centro de Ribeira será pioneiro no novo modelo", sinalou o presidente galego, antes de engadir que "as residencias do futuro serán máis acolledoras, máis funcionais, con maior capacidade para sentirse nun fogar e moito máis accesibles".

Na súa visita a Ribeira, Feijóo destacou o labor conservador e divulgadora dos museos e a súa potencialidade no marco dun turismo 'seguro'.

MUSEO DO GRAVADO

Durante a súa visita ao Museo do Gravado, o titular do Goberno galego subliñou os máis de 36 millóns de euros de investimento durante 2021 e 2022 "en apoio aos museos galegos", destaca a Xunta nunha nota de prensa.

"Galicia é consciente, dixo, da gran relevancia dos museos como preservadores do noso patrimonio material histórico e da súa actividade a favor da divulgación", destaca o comunicado.

Feijóo cualificou o Museo do Gravado como un "verdadeiro dinamizador cultural" no que se pode contemplar unha colección de estampas que supera os 40.000 rexistros de máis de 400 artistas, que abarca sete séculos de historia con incunables do século XVI e que conta cunha recentemente ampliada Biblioteca Ilustrada con máis de 6.000 exemplares en máis de 30 idiomas.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, no Museo do Gravado, en Ribeira. ANA VARELA
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, no Museo do Gravado, en Ribeira. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta