Denuncian que a mineira de Touro utiliza a chantaxe para non cumplir coa lei

A asociación Cornado Non denuncia que a mineira leva "30 anos incumprindo a lei".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/08/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Asociación O Batán Cornado Mina Non denuncia que Explotaciones Gallegas (máxima accionista de Cobre San Rafael), e polo tanto, da mina de Touro, utiliza a chantaxe para non cumprir a lei tras o anuncio da Xunta de que ten que presentar un novo proxecto de restauración dos terreos.

Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato.
Drenaxe áceda da mina de Touro ao seu paso por un regato. | Fonte: Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON

"Chama a atención son as palabras da máxima responsable Eva Gómez ao sinalar que a súa empresa non foi a responsable da situación --da mina-- esquecendo que o documento de compra non só implicaba a adquisición duns terreos e dereitos mineiros senón tamén a súa rehabilitación", apunta a entidade nun comunicado. "Unha obriga que  nunca foi asumida pola empresa concesionaria dos terreos tal e cómo o demostran os numerosos expedientes sancionadores e denuncias por verquidos contaminantes ao dominio público hidráulico", engade. 

Fai unhas semanas a Xunta anunciaba un novo expediente sancionador á empresa pola falla de restauración. A Asociación O Batán Cornado entende que, agora, e tras esta advertencia, a empresa "quere vender como unha obra social en forma de chantaxe, ou mina ou non hai restauración, é en realidade unha obriga independente de calquera novo proxecto". 

Esta entidade que esta empresa leve trinta anos incumplindo a lei e que intente impoñer un proxecto "que pon en risco a vida das persoas e o seu entorno socioeconómico (segundo informes técnicos)". Por iso, insta á empresa a cumplir coa lei despois de 30 anos e a pedir perdón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta