Abogados Cristianos pide á Xunta que repoña o monumento a Juan Pablo II no Monte do Gozo

A asociación non descarta iniciar un procedemento contencioso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2021 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

A asociación Abogados Cristianos pediu á Xunta de Galicia que repoña o monumento a Juan Pablo II do Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. De non facerse, afirma que non descarta iniciar un procedemento contencioso.

A súa presidenta, Polonia Castellanos, denuncia que "a Xunta permite que en Galicia haxa monumentos a líderes comunistas como o Che Guevara, en contra das recomendacións do Parlamento Europeo, mentres derruba símbolos cristiáns, atentando contra a propia Constitución".

Asegura que "os gobernantes utilizan calquera escusa para destruír monumentos cristiáns. "Neste caso, a Xunta dixo que faría unha intervención para conservar e pór en valor o monumento e o que fixo foi eliminalo e deixar só unha placa", engade.

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña acolle un xuízo | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Riolo

Ben feito. La única estatua que sobra en Galicía es la del asesino Guevara en Oleiros

1 Manda carallo

Tí non es ben.