As axudas para apoiar a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero pódense solicitar desde este venres

Segun do a Xunta buscan "romper o vínculo co seu agresor e lograr a súa plena recuperación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

A Xunta convocou un programa de axudas novo destinado ás entidades sen ánimo de lucro para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero, unha iniciativa que forma parte do pacto de estado na materia e que publica o Diario Oficial de Galicia (DOG) tras ser abordada no seo do diálogo social.

A Consellería de Emprego e Igualdade inviste nesta actuación, que se poderá solicitar desde este venres ata o 6 de setembro, un total de 600.000 euros. A medida busca apoiar a independencia económica das vítimas, xa que a Xunta considera que é "clave para garantir que as mulleres en situación de violencia de xénero consigan maior estabilidade persoal, social e laboral".

"Un emprego é a porta que vai permitir a estas mulleres saír do círculo da violencia e lograr esa independencia económica e persoal necesaria para romper o vínculo co seu agresor e lograr a súa plena recuperación", destaca a Xunta.

Os beneficiarios do programa recibirán a contía necesaria para sufragar as retribucións salariais brutas das mulleres incorporadas, ata un máximo de 12 mensualidades.

Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero.. INSTITUCIÓNS PENAIS - Arquivo
Mural realizado polas internas da prisión da Lama contra a violencia de xénero.. INSTITUCIÓNS PENAIS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta