Farmacéuticos critican as condicións nas que realizan test de antíxenos

A Asociación Galega de Farmacéuticos Adxuntos compartiu un comunicado para denunciara a súa exposición laboral, e critican que a situación actual sexa "unha excusa para limitar os dereitos como traballadores".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A Asociación Sindical Galega de Farmacéuticos Adxuntos (ASGAFA) comaprtiu un comunicado no que critican as condicións nas que están realizando test de antíxenos. Dendo o inicio da crise provocado pola Covid-19, consideran que o persoal farmacéutico quedou excluído ao sistema de saúde, tal como critican dende a asociación. Ademais, denuncian que os farmacéuticos adxuntos non son tidos en conta polas administracións, polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos (COF) nin polos titulares das oficinas de farmacia. 

Un farmacéutico realiza unha proba serolóxica de Covid-19 na Farmacia Mónica Muradas, no Carballiño
Un farmacéutico realiza unha proba serolóxica de Covid-19 na Farmacia Mónica Muradas, no Carballiño | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

"Os farmacéuticos estivemos expostos a contaxiarnos nas oficinas de farmacia debido á proximidade á poboación propia da nosa profesión, pero incrementamos ese risco ao participar nas entregas a domicilio dos medicamentos para pacientes COVID e en cuarentena domiciliaria", expoñen dende ASGAFA. 

Os farmacéuticos traballan en actividades sociosanitarias como os programas de cribado e recollida de mostras de saliva para test COVID. Do mesmo xeito, tamén expiden certificados de vacinación ou de ter pasado a enfermidade. A isto súmaselle a tarefa de supervisar a realización de test de antíxenos. Segundo ASGAFA, isto pon de manifesto moitas carencias á hora de desenvolver os proxectos, que implican unha maior exposición e proximidade coa poboación. Consideran que os COF se deberían negar a desenvolver actividades asistenciais sen pilotar previamente, pois tanto farmacéuticos como pacientes deben ter "a seguridade de que o que fan é o correcto". 

Con respecto aos Farmacéuticos Adxuntos, critican que son os titulares das farmacias os que poden rexistrar aos adxuntos como voluntarios adheridos ao programa de test de antíxenos sen o seu consentimento, o que consideran "un ninguneo á nosa autonomía como profesionais farmacéuticos". Ante isto, consideran que o dereito a inscribirse debería ser dos propios farmacéuticos adxuntos.

Aínda que dende ASGAFA reiteran o seu ofrecemento para colaborar en todos os proxectos destinados a mellorar a saúde da comunidade, néganse a "que a situación e alarma sanitaria na que estamos se convirta de novo en excusa para limitar os nosos dereitos como traballadores, e aínda menos como persoas". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta