Manterse no poder a toda costa

Ate de agora as normas parlamentarias, reglamentos e leis electorais que rixen os procesos dos países democráticos fixéronse sempre por consenso das forzas representadas na mesma institución. É unha norma non escrita que se mantén na maioría dos territorios onde se elixen ós representates políticos nas urnas. Pero agora, coa chegada de Feijoo e os seus, parece que as cousas van a trocar dunha maneira radical. E así será se a cidadanía non o para, cuestión difícil, pois os votantes descoñecen moitos dos mecanismos internos que regulan o funcionamento das institucións parlamentarias e os procesos electorais; e co tema da crise andan enfrascados na procura e solución dos seus problemas que non son poucos.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 10/01/2014

Comparte esta noticia
Hai uns días entrou no Parlamento de Galicia a  reforma para a reducción dos 11 deputados en base a un suposto aforro económico, pero que mantén a cota do 5% aprobada por Fraga para acceder ó reparto de asentos na cámara galega.
 
 Supoño que moitos cidadáns nun primeiro termo  pensarán que recortar escanos está  moi ben,  pois  reducense   gastos. Pero esta reforma, no fondo soamente pretende un obxectivo: manter  a maioría absoluta actual e o  poder nesta terra a  toda costa e davaluar as nosas institucións de autogoberno. 
 
Todo o mundo sabe que a lei de Hont, a que se emprega para repartir os escanos por provincia é un sistema que sempre beneficia ós partidos maioritarios. Pero se a esa lei, ademáis lle engadimos trampas como límites para acceder ó reparto de escanos, como o que desbota as  listas  que non  acadan  o  5%  dos votos nunha circuscripción electoral, estamos favorecendo descaradamente  á lista máis votada. Podéndose dar o caso de que os últimos escanos salgan con pequenos restos, mentre cantidade de cidadáns quedan sin representación con números  moi superiores, pero que non acadaron o 5%.  
 
Pero para ver gráficamente con números o que digo sobre a pluralidade no parlamento porei un exemplo. Nas eleccións do 2012 en Catalunya onde soamente se aplica o 3% para acceder ó parlamento,  Converxencia perdeu 85.669 votos e 12 escanos.  Ou sexa pasou de ter 62 a 50. Nas últimas eleccións galegas onde se aplica o 5% o PP perdeu 135.493 votos e gañou tres escaños, pasando de 38 a 41.  Velaí unha diferencia importante que apuntala maiorías como no caso galego, ou fai perder representación,  como en Catalunya  segundo se aplique un ou outro porcentaxe que limite o acceso.
 
Pois ben, Feijoo e os seus, vendo que a situación electoral augura un castigo serio nesta terra,  fuxindo de propostas rigurosas de baixar os soldos dos deputados, reducir asesores e cargos de representación, de eliminar deputados,  hai máis de 100 nas catro galegas,  etc, opta pola reducción de escaños para así subir o número de votos para ter un representante, e coa axuda do 5% vetar a entrada no Parlamento doutras forzas políticas, e de paso asegurarse a maioría absoluta. 
 
Conclusión; estamos  diante unha maniobra caciquil, antidemocrática e deturpadora da democracia que so pretende eliminar á oposición e perpetuarse no poder a toda costa. Estamos diante unha maniobra na que a maioría absoluta desvirtúa a democracia e ademáis trata ós galegos como xentes menores de idade; como  votantes   que nada entenden sobre os métodos de elección dos seus representantes. Se as normas parlamentarias e electorais  sempre se acordaron por consenso, esta reforma  que pretende Feijoo e o PP, agocha alomenos dúas cuestións,  a primeira: arrogancia e prepotencia, e a segunda: medo a perder o poder. En fin,  de pena.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com