Bugallo considera "inxusto" culpar os peregrinos do aumento de contaxios en Santiago

O alcalde de Santiago cre que a evolución pandémica é "un problema interno" e insta o "mantemento das medidas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, valorou como unha "secuencia favorable" a diminución de contaxios na cidade, que auguran "un acelerón" neste descenso nas próximas semanas. Ademais, afirmou que é "inxusto" culpar a xente de fóra pola evolución da pandemia en Santiago, xa que se trata dun "problema interno".

Con todo, pediu un "mantemento das medidas de prudencia" este venres en rolda de prensa, na que sostivo as súas afirmacións nos datos da cidade, con 191 positivos na última semana, fronte aos 340 que había nos 7 días anteriores. Adicionalmente, declarou que o número de casos activos na cidade este venres é de 573, 31 menos que o día anterior. Este nivel de contaxios, aínda que non é unha boa cifra, supoñería hai 6 meses que "todo estivese pechado", apuntilla o alcalde.

AUMENTO DE CASOS EN XUÑO

A respecto do anterior, Bugallo non considera xusto culpabilizar os turistas polo aumento de casos porque a localidade "non presenta datos peores que o resto de cidades galegas" e explicou que o aumento de casos coincidiu coas vacacións escolares do 23 de xuño. A partir dese día, os casos crecen de forma exponencial, segundo datos expostos polo alcalde.

Con todo, admitiu que existen persoas que non usan a máscara ao aire libre cando non hai distancia de seguridade --caso no que si é obrigatorio o seu uso--. Desta maneira, apontou que hai peregrinos que non a utilizan mentres camiñan e que, ao chegar á cidade, non a pon "por inercia". Nesta liña, tamén declarou que non observa, de forma xeral, un "gran nivel de oposición" ao uso de máscara en espazos ao aire libre.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO - Arquivo | Fonte: Europa Press

CRECEMENTO TURÍSTICO FICTICIO

Doutra banda, o alcalde declarou que a "enorme afluencia de xente" na cidade se debe a persoas que se trasladan desde a costa a visitar Santiago ante o clima chuvioso das últimas semanas, que produce un "crecemento turístico ficticio". Así o informou durante a rolda de prensa na que tamén sostivo que os datos destas datas, con respecto aos do ano pasado, son "mellores", cunha recuperación "clarísima" do turismo estatal. 

Nesta liña, manifestou que existen unhas expectativas "positivas". Con todo, o turismo internacional experimentou unha recuperación "moito menor" e o rexedor confía en que os datos melloren "a partir de outono".

PARKING DO CHUS

O alcalde de Santiago tamén declarou que "é posible" a demanda de Compostela Aberta de realizar un aparcadoiro en altura de 500 prazas nunha parcela situada xunto ao CiMUS, pero que "non corresponde" ao concello habilitar máis prazas xa que, por lei, é a institución construtora do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) --neste caso, a Xunta-- a que debe facelo.

Ademais, o rexedor aclarou que, no caso de que fose o concello o que acometese as obras para levantar o aparcadoiro, sería necesario un sistema de concesión administrativa, no que habería que valorar a viabilidade e tamén o custo económico. Con todo, o rexedor aclarou que 500 prazas non son suficientes para "descolapsar" unha zona na que o crecemento en canto a volume non vai acorde co espazo existente.

Así mesmo, apuntou ao cobro das prazas, xa que "sen prezo, non hai rotación". Para defender esta postura, aludiu á "realidade" de que se a xente ten que pagar unha praza, esta seguramente se ocupe varias veces ao día. Nesta liña, asegurou que "polo momento" a Xunta só traballa na presentación do proxecto de ampliación do hospital clínico. Ante o mesmo, o alcalde declarou que a intención do concello é velo e "non paralizalo".

OBRAS NOS CONCHEIROS

Durante a rolda de prensa, o rexedor referiuse a outras obras na cidade, entre elas, a que ten lugar na Rúa dos Concheiros. Cualificouna como unha obra "molesta" pero na que aparecen "moitos elementos" que non estaban nos proxectos e que provocan paros. Neste sentido, o alcalde prevé que "tras o mes de setembro" se poida recuperar a circulación de vehículos e afirmou que para as obras na zona por parte da Xunta --que deberían acabar o 31 de xullo-- está a facerse un "esforzo" por non demorarse máis.

Adicionalmente, asegurou, tras as queixas da veciñanza do lugar, que non se concederán axudas extra aos comercios afectados polas obras, xa que a actuación é "un beneficio para todos" pero en primeira instancia, "para a xente de Concheiros". En concreto, sinalou que se investiron uns 3 millóns de euros na obra para reformar unha zona que estaba "nunha situación lamentable".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta