Deputación e Concello da Coruña renovan o convenio para financiar a casa para vítimas de violencia de xénero

O acordo achega o 28,61% dos gastos de mantemento destes espazos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/08/2021 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

A Deputación e o Concello da Coruña renovaron o convenio para financiar os gastos de mantemento da casa de acollida e de dous pisos de inclusión e transición á vida autónoma para mulleres que sofren violencia de xénero.

O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinaron, na sede provincial, o acordo a través do que a Deputación achega este ano 120.926,27 euros, o 28,61% dos gastos de mantemento destes espazos.

Valentín González Formoso destacou que a Deputación financia as Casas de Acollida de Ferrol, Culleredo e A Coruña, que dan servizo ao conxunto da provincia. "Esta rede é fundamental na atención a un colectivo especialmente vulnerable como é o das mulleres que sofren a violencia de xénero", expuxo.

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey afirmou que a cooperación institucional é primoridal de face a mellorar a atención da muller, que fixou como unha prioridade do goberno local.

AXUDAS A ENTIDADES

Ademais, o organismo provincial convoca unha liña de axudas para que entidades sociais e sociosanitarias poidan adquirir vehículos para mellorar o seu equipamento e servizos. O prazo para presentar solicitudes abrirá este sábado. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle o anuncio da convocatoria que conta cun orzamento de 200.000 euros.

Noutra orde de cousas, a Deputación da Coruña e o Concello de Sada asinaron un convenio para o financiamento do proxecto 'Xanela Aberta', que permitirá a instalación de pantallas e tótems interactivos de información municipal e turística en diversos lugares do concello.

Así mesmo, o presidente da Deputación da Coruña reuniuse co alcalde do Concello de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, que solicitou o apoio da administración provincial para renovar un tramo da rede xeral de abastecemento.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa coruñesa, Inés Rei, asinan un convenio para financiar a casa de acollida e os pisos para vítimas de violencia de xénero. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa coruñesa, Inés Rei, asinan un convenio para financiar a casa de acollida e os pisos para vítimas de violencia de xénero. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta