Morre un home de idade avanzada tras caerlle unha árbore encima nas Neves

O 112, unha vez no lugar dos feitos, só puido confirmar o falecemento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

Un home de 74 anos de idade, veciño das Neves (Pontevedra) faleceu na tarde deste venres tras vírselle encima unha árbore cando estaba a realizar unha poda nunha zona forestal deste municipio.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Segundo relataron fontes do 112 Galicia a Europa Press, os feitos sucederon sobre as 14,45 horas deste venres nunha zona de monte á altura do campo de fútbol de Rubiós, na parroquia do mesmo nome.

Ata o lugar acudiu un equipo sanitario do 061, que soamente puido confirmar o seu falecemento no lugar. Ademais, foron mobilizados polo 112 a Garda Civil e os Bombeiros do Porriño.

Fontes sanitarias manifestaron a Europa Press que, tras os problemas iniciais xa que chamaron para alertar persoas xordomudas, a través do envío de coordenadas trasladaron ao lugar unha ambulancia e un médico, que confirmou o falecemento no punto dun home duns 80 anos.

As forzas da orde, apuntaron por parte do 112, tratan de aclarar as circunstancias deste suceso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta