Outras dúas titulacións esgotan prazas en Galicia, onde os graos que pecharon as súas portas ascenden a 141

Ambas as duas titulacións son da Universidade de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2021 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Outras dúas titulacións esgotaron as súas prazas en Galicia, ambas no campus compostelán da Universidade de Santiago de Compostela (USC): os graos de Lingua e Literatura Galegas e de Lingua e Literatura Modernas. En total, os graos que pecharon as súas portas na comunidade a estas alturas ascenden a 141.

Así mesmo, a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) anunciou a apertura do sétimo prazo de matrícula para o alumnado das ABAU, titulados de FP e maiores de 25 e 45 anos, estranxeiros de países non membros da Unión Europea (UE), deportistas de alto nivel e estudantes con discapacidade preinscritos en xuño. Tamén se abrirá o terceiro prazo para estudantes preinscritos en xullo.

O prazo de matrícula prolongarase desde este sábado 7 de agosto ás 23,59 do martes 10 de agosto.

Un erro obriga a aprazar ata esta tarde o exame de Filosofía da selectividade en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Un erro obriga a aprazar ata esta tarde o exame de Filosofía da selectividade en Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta