A web do Sergas colapsa pola avalancha de solicitudes de autocita para a vacinación de menores de 20 anos

As 25.000 prazas foron esgotadas. A Xunta pide desculpas polo colapso.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/08/2021 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

A páxina web do Sergas colapsou esta mañá ante a avalancha de solicitudes de autocita para a vacinación dos menores de 20 anos, para os que se habilitaban a partir deste sábado 25.000 prazas.

Erro no servizo web do Sergas pola avalancha de autocitas para vacinarse.
Erro no servizo web do Sergas pola avalancha de autocitas para vacinarse.

As 25.000 autocitas que Sanidade habilitara para a vacinación dos mozos nados entre o 2000 e 2005 este sábado, esgotáronse á primeira hora da tarde tras colpasar a páxina web do Sergas durante gran parte da mañá.

A web, onde ademais das autocitas, están dispoñibles todos os datos a nivel autonómico sobre a pandemia, notificoulle 'erro no servizo' a aquel que quixese pedir quenda para a vacina, para, posteriormente, denegar o acceso á páxina en si.

Sanidade confirmou que o fallo no sistema débese ao "elevadísimo volume de entradas" e a que todas ocorreron "a primeira hora", aínda que aínda non confirmaron cando podería volver accederse á web.

O grupo dos máis novos avanza no proceso de vacinación ao sumarse os menores de 20 anos, para os que está dispoñible a autocita a partir deste sábado, ao grupo de 20 a 29 anos, cuxa vacinación comezou nas últimas semanas e que este venres xa excedían o 40% con polo menos unha dose.

SOLICITUDES NAS PRIMEIRAS HORAS

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou o "especial interese" que os mozos galegos están a mostrar por vacinarse, á vez que pediu desculpas "polas molestias" que puidese ocasionar o colapso na web do Sergas rexistrado nas primeiras horas de apertura das autocitas para nados entre os anos 2000 e 2005.

As prazas esgotáronse tras a posta en marcha dun plan de continxencia co fin de "aliviar o tráfico na rede pola elevada demanda". Ademais, destacaron que a programación destas autocitas fíxose en fin de semana "para evitar a repercusión nos sistemas asistenciais".

As autoriades sanitarias galegas informaron de que se chegaron a xestionar ao redor de 300 citas cada dez minutos e houbo un pico de 1,6 millóns de solicitudes --por persoas que reiteraron varias veces a petición--.

Preguntado respecto diso nun acto en Santiago, o vicepresidente Rueda aludiu ao "elevadísimo número" de peticións que colapsaron o sistema e pediu desculpas por iso, pero tamén apuntou que se trata dun "magnífico síntoma" que evidencia o interese do colectivo máis novo en inmunizarse.

"Imos atender, mediante este sistema, a todos canto nos sexa posible sen descoidar o sistema de vacinación por idade, co que a Xunta mantén o criterio e é o máis conveniente", explicou Rueda, en declaracións aos medios.

PETICIÓN DE MÁIS VACINAS

Finalmente, aproveitou para insistir na petición de que haxa máis vacinas e pediu que as de Pfizer que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou no cume de presidentes de Salamanca, cheguen "canto antes".

De feito, lembrou que Galicia ten "menos" doses que hai unhas semanas e "a capacidade de administrar moitas máis".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta