Sobe a presión hospitalaria e os contaxios mantéñense por riba de mil diarios en Galicia

As infeccións activas continúan á baixa, con 453 casos menos, o que as sitúa en 17.289

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2021 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

Galicia mantén os contaxios de Covid-19 por riba do milleiro por quinto día consecutivo --tras iniciar esta semana por baixo-- e volven subir ata os 1.019; mentres que os casos activos descenden a 17.289. Por contra, os pacientes hospitalizados ascenden a 316 --sete máis--, e a taxa de positividade volve repuntar e supera o o 13%, tras baixar a pasada xornada ata o 11,41%.

Un mozo nun dispositivo de cribado masivo para persoas de entre 16 e 35 anos en Expourense, a 10 de xullo de 2021, en Ourense
Un mozo nun dispositivo de cribado masivo para persoas de entre 16 e 35 anos en Expourense, a 10 de xullo de 2021, en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do sábado, actualizados este domingo, as persoas ingresadas pola Covid-19 en UCI ascenden a 55 --unha máis-- e os hospitalizados noutras unidades aumentan ata o 261 --seis máis--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende en catro das sete --Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos, Pontevedra-O Salnés, Ferrol e Vigo--, mentres sobe na Coruña-Cee, Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras e Santiago de Compostela e Barbanza.

Deste xeito, a área de Lugo, aínda que rexistra dous pacientes máis en UCI --oito en total--, baixa os ingresados en unidades convencionais ata o 34 --catro menos--; na de Pontevedra, descenden os pacientes en críticos --un menos, seis en total-- e en planta --uno menos, 23 en total--.

A área de Ferrol mantén en 22 os seus pacientes hospitalizados en unidades convencionais, pero rexistra un ingresado menos en críticos --oito en total--. O mesmo ocorre en Vigo, que segue con 55 pacientes en unidades convencionais e conta cun menos en UCI --cinco en total--.

Doutra banda, a da Coruña rexistra un paciente máis en críticos --17 en total-- e sete máis en unidades convencionais --74 en total--; a de Ourense rexistra un hospitalizado máis en UCI --seis-- e un máis en planta --28--; e por último, a de Santiago mantén cinco pacientes en críticos pero rexistra tres máis en planta --25--.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Os casos activos volven baixar e sitúanse en 17.289, que representan 453 menos, ao haber máis altas (1.469) que contaxios (1.019), aos que se engaden tres falecementos.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en todas as áreas menos na da Coruña, onde soben en 45. Nas restantes, a de Ourense contabiliza 89 infeccións activas menos; a de Pontevedra, -145; a de Ferrol, -43; a de Santiago, -80; a de Lugo, -99; e a de Vigo, -42.

Así, con máis infeccións activas sitúase a área da Coruña e Cee, con 4.571; seguida da Vigo, con 4.275; Pontevedra e O Salnés, con 2.186; Lugo, con 2.015; Santiago e Barbanza, con 1.919; Ourense, con 1.312; e Ferrol segue á cola con 1.011.

MÁIS DE MIL CONTAGXIOS DIARIOS

Os novos contaxios mantéñense por quinto día consecutivo por riba do milleiro, en 1.019, que supoñen 12 máis que os 1.007 deste sábado, tras arrincar a semana por baixo desa barreira por primeira vez desde o 20 de xullo con 939 e descender a 837 o martes.

En Galicia foron confirmados 1.042 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día (que poden corresponder a casos activos doutras xornadas aos que se realiza unha nova proba diagnóstica), dos cales 302 corresponden á área da Coruña e Cee; 302, á de Vigo; 91, á de Lugo; 122, á de Pontevedra e O Salnés; 99, á de Santiago e Barbanza; 51, á de Ferrol; e 75, á de Ourense.

Deste xeito, os contaxiados de Covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 165.176 en Galicia, deles 38.686 na área da Coruña e Cee; 34.097 na de Vigo; 24.468 na de Santiago e Barbanza; 20.170 na de Ourense; 20.032 na de Pontevedra e O Salnés; 17.156 na de Lugo; e 10.567 na de Ferrol.

Desde o inicio da pandemia Galicia realizou 2.618.535 PCR, 7.662 máis que as contabilizadas ata a xornada anterior.

En canto á taxa de positividade das PCR, ascende ata o 13,35% desde o 11,41% que marcou o sábado e despois de subir a un 13,5% o venres, descender a un 12,9% o día anterior tras repuntar a un 15% o mércores, caer a un 12% o martes e iniciar esta semana cun repunte do 14,98%. Así, Galicia segue por riba dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata hai catro semanas, non se superaba desde o 15 de febreiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta