A Policía Autonómica identificou 5 persoas e realizou 4 denuncias en controis nos concellos

Tres delas por non facer uso da máscara e unha por fumar sen respectar a distancia de seguridade interpersoal.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2021 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica levan identificado cinco persoas e realizaron catro denuncias, tres delas por non facer uso de máscara, no marco de 57 dispositivos de control en 25 concellos galegos para velar polo cumprimento das medidas para frear a pandemia da Covid-19.

Segundo informou a Vicepresidencia Primeira da Xunta nun comunicado, nestes controis realizados no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola Covid-19, foron identificadas cinco persoas e formuladas catro denuncias, tres delas por non facer uso da máscara e unha por fumar sen respectar a distancia de seguridade interpersoal.

En concreto, os axentes realizaron na provincia coruñesa dez dispositivos nas localidades de Boiro, A Coruña, O Pino e Santiago de Compostela; mentres que na lucense levaron a cabo controis en Burela, Foz, Lugo, Láncara, Monforte de Lemos, Monterroso, Palas de Rei, O Páramo, Ribadeo, Vilalba e Viveiro.

Pola súa banda, na provincia ourensá os axentes levaron a cabo 12 operativos nos concellos de Baños de Molgas, Ourense e Xunqueira de Ambía. E na pontevedresa realizaron unha ducia de controis nos municipios de Barro, Meaño, Poio, Pontevedra, Ribadumia, Vigo e Vilaboa.

A Xunta destaca que estes dispositivos se enmarcan na colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada un no marco das súas competencias.

Dous vehículos da Policía Local no parque das Mercedes, nun control policial para evitar botellóns e aglomeracións,  en Ourense
Dous vehículos da Policía Local no parque das Mercedes, nun control policial para evitar botellóns e aglomeracións, en Ourense | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta