Pérez Jácome non collerá vacacións durante o verán por terceiro ano

Xunto ao rexedor permanecerá o tenente alcalde, Armando Ojea, do mesmo xeito que fixo durante o mes de xullo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2021 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O rexedor municipal de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, non collerá vacacións no mes de agosto por terceiro ano consecutivo, segundo trasladou a Casa Consistorial.

Jácome seguirá á fronte do Concello no verán para xestionar "o remate dos proxectos e a adxudicación de obras e licitacións".

Xunto ao rexedor permanecerá o tenente alcalde, Armando Ojea, do mesmo xeito que fixo durante o mes de xullo.

Desde a alcaldía apuntan que, ademais de xestionarse os proxectos, as adxudicacións de obras e as licitacións seguiranse mantendo as visitas que se soliciten.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Beirismo

Normal neno, este si que ha entendido a los del Benegué, los del PP del Baltasar e compañía. O Jácome un proletario de pro, xa dentro de pouco o vexo tamén na FPG ou con el Beiras