A Policía Nacional reforzará a vixilancia contra a delincuencia itinerante tras os roubos da Coruña

En días pasados foron detidas cinco persoas nunha operación que afecta varias cidades galegas.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/08/2021 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, trasladou aos responsables policiais a necesidade de reforzar os operativos contra a delincuencia itinerante. Fíxoo tras as denuncias de roubos na cidade. Rivas analizou cos responsables policiais os operativos dispostos en relación coa delincuencia itinerante e trasladou a necesidade de reforzar os operativos levados a cabo nesta materia, informa a Subdelegación do Goberno.

María Rivas sinalou que a Policía Nacional desenvolve desde hai semanas unha serie de dispositivos especiais, "dentro da posta en marcha do Plan de Delincuencia Itinerante deseñado desde o Ministerio de Interior e que ten unha especial incidencia nas cidades costeiras".

Neste sentido, destacou que en días pasados foron detidas cinco persoas nunha operación que finalmente culminou en Vigo pero que afecta varias cidades galegas e que foi desenvolvida pola Policía Xudicial. "Os detidos eran membros dunha banda itinerante que se desprazaba puntualmente desde localidades de fóra de Galicia e que operaban en diversas cidades galegas", engade.

No entanto, indica que tanto a Policía Xudicial como a Brigada de Seguridade Cidadá da Coruña levan a cabo dispositivos preventivos, "de tal maneira que as Forzas e Corpos de Seguridade avanzaron nas investigacións", indica nun comunicado no que cualifica á Coruña como unha cidade "segura".

Imaxe de recurso de Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Imaxe de recurso de Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta