Aprobadas as bonificación a familias numerosas nas autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor

O Goberno de Feijóo aprobou esta medida tras coñecerse a decisión do Goberno central de reducir as peaxes da AP-9.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2021 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A bonificación para familias numerosas nas autoestradas de titularidade autonómica entrarán en vigor este mércores, tras a publicación do correspondente decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG) este martes.

En concreto, a Consellería de Infraestruturas publica este martes o decreto polo que se aproba o texto consolidado e a addenda ao convenio entre a Xunta e Autoestradas de Galicia, Autoestradas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., polo que se regulan as bonificacións da peaxe das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57).

O documento recolle que "se considera conveniente seguir adoptando medidas que teñan por obxecto bonificar o importe das peaxes polo uso das autoestradas autonómicas incorporando ás medidas xa adoptadas a regulación dunha bonificación específica para as familias numerosas".

Deste xeito, as partes asinan un novo convenio que fixará as bases para a colaboración entre a Xunta e a sociedade concesionaria na aplicación de bonificacións selectivas das peaxes vixentes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57), e o pago pola Xunta á sociedade concesionaria dos importes que deriven desta medida.

Así as cousas, existirán tres tipos de bonificacións: por frecuencia de uso, por tramo horario de uso e agora para as familias numerosas de Galicia. O decreto, recolle o propio texto, producirá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, é dicir, desde este mércores 11 de agosto.

ÚLTIMO CONSELLO DE XULLO

O Goberno galego, na súa reunión semanal da última semana de xullo, aprobou estes novos descontos para as autoestradas de titularidade autonómica --en concreto, a bonificación do 100% na viaxe de volta ás familias numerosas-- na mesma semana na que o Executivo central materializou as rebaixas de peaxes comprometidas para a AP-9.

Peaxe
Peaxe | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta