Miñones lembra que Galicia recibiu máis vacinas antes pola súa poboación envellecida e agora "toca ser solidaria"

O delegado do Goberno subliña que "todos as semanas, dous días á semana, establécese toda a transparencia do proceso de vacinación".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/08/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, afirmou este martes que a Galicia "lle toca ser solidaria", despois das queixas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en relación a que a Comunidade galega non recibirá ningunha vacina dass 3,4 millóns de Pfizer anunciadas polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, no cume de Salamanca.

Segundo explicou Miñones, existe un consello no que se tratan todos os asuntos das vacinas e do Covid e alí estableceuse que unha serie de comunidades "íanse a ver beneficiadas" ao comezo da vacinación, cando tocaba vacinar aos grupos maiores. Galicia, ao ter unha poboación máis envellecida, recibiu maior número de vacinas.

O delegado do Goberno indicou que agora "ocorre o oposto", ao estar a vacinar á poboación máis nova. Coas vacinas extras que cheguen, o Goberno "tentará equilibrar" a repartición anterior, segundo puntualizou o delegado. "A Galicia tócalle ser solidaria igual que o foron anteriormente con ela", engadiu Miñones.

FALTA DE TRANSPARENCIA

O presidente da Xunta tamén denunciou "falta de transparencia" nesta repartición, ao que Miñones respondeu que "falta de transparencia é cando non existen estes órganos", en referencia ao consello encargado de tratar o tema das vacinas.

Así, sinalou que non sabe se un concello como o de Malpica (A Coruña), no que estaba de visita, pode "trasladarlle á Xunta as súas preocupacións" ou se "existe un órgano no que poder falalo", subliñando que as comunidades autónomas "si teñen ese órgano".

"Todos as semanas, dous días á semana, establécese toda a transparencia do proceso de vacinación, o número de vacinas que recibe cada comunidade, como vai a primeira dose e a segunda, a porcentaxe de poboación que está xa cuberta, e por tanto máis proceso de transparencia non se pode ter", concluíu o delegado do Goberno.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones / Delegación do Goberno. / Europa Press
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones / Delegación do Goberno. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta