Máis de 900.000 euros públicos destinados a "reter" de profesionais cualificados en I+D+i

Os beneficiarios son nove empresas e catro organismos de investigación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2021 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O Goberno galego concedeu axudas cun importe de máis de 940.000 euros para "atraer e reter" a 13 profesionais do sector de I+D+i, principalmente persoal de investigación retornado doutros lugares de España e o estranxeiro.

Así o publicou o Diario Oficial de Galicia (DOG) este martes a través da resolución da convocatoria do programa 'Talento Sénior', que busca "consolidar" o sistema galego de innovación.

En concreto, os beneficiarios son nove empresas e catro organismos de investigación das áreas da Coruña, Santiago, O Salnés, Ourense e Vigo. Entre eles, a empresa Nubodata Tech Solutions (A Coruña); Instituto Galego da Calidade Alimentaria-Evega (Ourense); Sociedade Agrícola Galega (Vilanova de Arousa); ou o Instituto de Investigacións Mariñas (Vigo).

Segundo informa o Goberno autonómico nun comunicado, estas institucións contarán con especialistas en I+D+i relacionados coa biotecnoloxía, agroalimentación, aeronáutica, enerxía ou saúde, entre outras áreas.

CONTRATADOS E EDICIÓNS PREVIAS

Así mesmo, esta iniciativa ofrece oito contratos indefinidos --o 61% do total--, dos cales sete se corresponden con candidatos provenientes doutras comunidades como Madrid ou Barcelona, así como de fóra de España, de países como Reino Unido ou Bélxica. Ademais, sete dos contratados son mulleres.

Adicionalmente, o programa 'Talento Sénior' levou a cabo catro edicións ao longo das que apoiou 49 contratacións a profesionais "altamente" cualificados para desenvolver actividades de I+D+i.

"ATRACCIÓN" DE CAPITAL PRIVADO

Deste xeito, a Xunta afirmou que este programa supón un "estímulo" para as actividades de innovación das empresas e un "elemento tractor" na "atracción" de capital privado, ademais de apoiar a "creación, retención e captación de talento".

Doutra banda, a iniciativa enmárcase dentro do programa 'Talento 2021', impulsado polo Goberno galego a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) co obxectivo de contratar a 1.500 profesionais.

Departamento de I+D+I nunha empresa
Departamento de I+D+I nunha empresa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta