Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2021 | Actualizada ás 10:36
O transporte urbano por autobús incrementou os seus usuarios un 60% en xuño en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, ata situar o total en 3.753.000 viaxeiros.
Deste xeito, de media do que vai de ano, o transporte urbano por autobús en Galicia acumula un aumento do 13,5% respecto ao mesmo período do exercicio en que estalou a pandemia de coronavirus.
No conxunto estatal, o número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do país baixou un 4,7% no seis primeiros meses do ano respecto ao mesmo período de 2020, segundo informou este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Pola súa banda, os viaxeiros que utilizaron o AVE descenderon un 15% entre xaneiro e xuño polo impacto da Covid, aínda que en conxunto, sumando tamén Proximidades e Media e Longa Distancia, os usuarios do transporte por ferrocaril subiron un 9,6% no primeiro semestre. Tamén se incrementaron os viaxeiros que utilizaron o autobús, un 12,6% no seis primeiros meses, e os que usaron o transporte marítimo (+4,4%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.