Varias cidades galegas chegarán aos 30º este venres

As mínimas non baixarán dos 15º en Lugo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/08/2021 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O venres as altas presións situaranse sobre Galicia onde seguirán achegando estabilidade e favorecendo a entrada de aire cálido.

O día amencerá con néboas en puntos do interior e nubes baixas ao norte, aínda que as nubes iranse desfacendo quedando unha tarde de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, segundo o prognóstico de Meteogalicia.

As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente. O vento soprará de compoñente norte, con réxime de brisas nas Rías Baixas.

Principais indicadores das temperaturas extremas previstas nas cidades: A Coruña 19° 26°; Ferrol 16° 30°; Lugo 15° 30°; Ourense 16° 37°; Pontevedra 16° 30°; Santiago 15° 31°; Vigo 17° 30°.

Día despexado con sol e moito calor durante o verán. XUNTA - Arquivo
Día despexado con sol e moito calor durante o verán. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta