Sanidade tras confinar por erro a 12 persoas en Vilagarcía: "Actuouse segundo o protocolo"

Alega "situacións organizativas que xorden da complexidade cotiá que implica a contención da pandemia".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 12/08/2021 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade explicou este xoves que no confinamento por erro dunha ducia de persoas no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa a actuación do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas "foi a indicada no protocolo da Dirección Xeral de Saúde Pública".

Nun comunicado de prensa, Sanidade explica que "continuará coordinando actuacións permanentes cos efectivos de rastrexo e asistenciais na contención da Covid-19 en Galicia, dando cobertura a aquelas incidencias que poidan xurdir".

En relación á "casuística" sucedida en Vilagarcía de Arousa o pasado fin de semana con persoa confinadas por erro, a Consellería aclara que "a actuación do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra foi a indicada no protocolo da Dirección Xeral de Saúde Pública".

RESULTADO NEGATIVO

Neste sentido, explica que "foi solicitada a comunicación do resultado negativo por correo electrónico" para "proceder, primeiro, a comprobar o resultado negativo no expediente médico e, posteriormente, a descartar o caso na aplicación informática seguindo o protocolo do 4 de agosto de 2021 onde, lembra, di "caso descartado: caso sospeitoso con PDIA negativa cando non hai unha alta sospeita clínico-epidemiolóxica".

Para "continuar xestionando no tempo calquera tipo de situacións organizativas que xorden da complexidade cotiá que implica a contención da pandemia", matiza Sanidade, a Consellería "continuará coordinando actuacións permanentes cos efectivos de rastrexo e asistenciais na contención da Covid-19 en toda Galicia", dando así "cobertura a aquelas incidencias que poidan acaecer a este respecto".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, en rolda de prensa.. XUNTA
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, en rolda de prensa.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta