Percorrendo as inxustizas de medio mundo

Un libro compila as inxustizas sociais vividas en varios proxectos solidarios da ONG Agareso en Marrocos, Ecuador ou España.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 10/01/2014 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Describir as inxustizas sociais no desenvolvemento de mulleres, homes e nenos. Ese é o obxectivo de 'A cara máis dura da esperanza', un libro do xornalista e presidente da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), Juan de Sola .

Juan de Sola, presidente da ONG Agareso
Juan de Sola, presidente da ONG Agareso

Así, a obra é unha sucesión de historias humanas, recollidas en diferentes escenarios onde a pobreza e a desigualdade social son unha constante. Retrata, segundo o seu autor, os primeiros pasos e proxectos da ONG Agareso. Desde o Magreb, pasando por Latinoamérica e regresando a España, de Sola afonda na realidade das mulleres, os inmigrantes e os nenos.

Tamén, ofrece unha visión moi clara de quen e como se promoven as redes de comercio xusto en países como Ecuador. Mergullado en diferentes comunidades da serra Andina e a zona do Pacífico, este traballo tenta poñerlle cara e voz a aquelas persoas que apostan por labrar un modelo diferente de produción para mellorar as condicións de vida dos seus e a súa localidade.

No libro tamén hai un último apartado adicado, exclusivamente, a situación da marxinalidade no ámbito local. Así, o autor aproxímase a persoas que conviven con discapacidade, VIH ou se atopan cumprindo condena en centros penais.

O traballo foi publicado pola editorial 'O Taller do Poeta' que, na actualidade, colabora en proxectos solidarios no cárcere de Almería a través a promoción da lectura e dotación de materiais na biblioteca. As súas accións relacionadas coa solidariedade respalndan, tamén, a escritores, sen recursos, na edición e publicación das súas obras. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta