Dúas mulleres atropeladas en accidentes no Carballiño e Pontevedra

As dúas tiveron que ser trasladadas ao hospital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2021 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

Dúas mulleres resultaron feridas despois de ser atropeladas en senllos accidentes rexistrados este venres nas localidades do Carballiñoe Pontevedra.

O primeiro dos sucesos, segundo informa o CIAE 112 Galicia, produciuse ás 10,20 horas na rúa Margarita Taboada do municipio ourensán.

Alí, unha muller foi golpeada por un vehículo, precisando atención sanitaria e sendo trasladada a un centro hospitalario.

Dez minutos despois deste incidente, a central do 112 recibiu outro aviso por un suceso similar acontecido na cidade de Pontevedra, onde outra muller acababa de ser alcanzada por un coche na rúa Alexandre Bóveda.

Do mesmo xeito que a vítima do Carballiño, a muller ferida en Pontevedra tamén foi evacuada de urxencia a un hospital polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061.

Un dos atropelos mortais que tivo lugar en Ourense
Un dos atropelos mortais que tivo lugar en Ourense | Fonte: youtube.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta