Encontran morto un ciclista nunha pista forestal no concello de Muros

O cadáver foi localizado na tarde deste sábado, na parroquia de Sestaio, tras o aviso da súa desaparición por parte dun compañeiro da vítima.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2021 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

Efectivos da Garda Civil acharon este sábado o cadáver dun ciclista nunha pista forestal situada no municipio de Muros.

En concreto, o cadáver foi localizado na tarde deste sábado, na parroquia de Sestaio, tras o aviso da súa desaparición por parte dun compañeiro da vítima sobre as 14,30 horas.

Segundo indicou ao 112 Galicia, o home saíra coa súa bicicleta sobre as 09,30 horas da mañá e atopábase en paradoiro descoñecido.

O 112 Galicia mobilizou a efectivos do 061, da Garda Civil, así como do GES de Muros, que acharon o corpo sen vida do home nunha pista forestal de Sestaio, próxima a Cruz de Pelos, sobre as 16,00 horas.

Axentes da Garda Civil
Axentes da Garda Civil | Fonte: Ministerio do Interior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta