Pecha a exposición 'Faraón. Rei de Exipto' no Monte Gaiás tras bater marcas de visitas

Esta selección de 140 pezas de arte exipcia con máis de 3.000 anos de historia e explora o simbolismo e o ideario da monarquía do país do Nilo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2021 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

A exposición 'Faraón. Rei de Exipto' pecha as súas portas este domingo 15 de agosto na Cidade da Cultura, onde congrega diariamente por centos de visitantes.

Esta selección de pezas procedentes das coleccións do British Museum poden verse no Gaiás froito da colaboración entre a Xunta, a Fundación La Caixa e o propio museo británico, no marco do Xacobeo 21-22.

A mostra achega por primeira vez a Galicia esta selección de 140 pezas de arte exipcia con máis de 3.000 anos de historia e explora o simbolismo e o ideario da monarquía do país do Nilo, á vez que tenta desvelar as historias que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que deixou como herdanza esta civilización.

Abriu as súas portas o pasado 27 de marzo e desde entón está a bater marcas de asistencia, con picos que superaron os 3.000 visitantes diarios coincidindo coa Semana Santa, segundo apunta a Xunta.

Pecha as súas portas a exposición Faraón da Cidade da Cultura. XUNTA
Pecha as súas portas a exposición Faraón da Cidade da Cultura. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta