Declaran extinguido o incendio de Rubiá

A Consellería apuntou ademais que, "tras os pertinentes traballos de comprobación sobre o terreo", a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) puido determinar que a suposta causa do lume foi unha cabicha mal apagada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2021 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

O incendio orixinado no concello de Rubiá o pasado xoves foi extinguido ao redor das 20,27 horas deste sábado, tal e como informou a Consellería de Medio Rural nun comunicado.

Segundo as últimas medicións do departamento da Xunta, o lume afectou a unha superficie de 205 hectáreas, das que 190 son arboredo e o resto de monte raso.

No control do incendio participaron catro técnicos, 19 axentes, 43 brigadas, 20 motobombas, tres pas, nove avións e 10 helicópteros.

A Consellería apuntou ademais que, "tras os pertinentes traballos de comprobación sobre o terreo", a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) --creada esta tempada pola Xunta-- puido determinar que a suposta causa do lume foi unha cabicha mal apagada.

Medio Rural destaca que se traballa na investigación completa, xunto ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Ourense, para verificar a procedencia dese elemento mediante a proba de ADN e, a partir de aí, continuar coas dilixencias oportunas.

Cabicha mal apagada, orixe do incendio de Rubiá. XUNTA
Cabicha mal apagada, orixe do incendio de Rubiá. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta