Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2021 | Actualizada ás 13:27
A concienciación sobre o cambio climático e a posta en valor do Camiño de Santiago son os dous eixos protagonistas dos 85 proxectos liderados pola mocidade que foron financiados pola Xunta de Galicia cunha dotación de 400.000 euros, ao amparo do programa Iniciativa Xove.
Nun comunicado, a Administración autonómica detallou que cada un dos proxectos aprobados recibiron axudas de ata 5.000 euros. O programa Iniciativa Xove, que conta con once anos de vida, financiou xa a case 1.500 ideas e proxectos, o que suma un investimento total de seis millóns de euros.
Ademais do cambio climático e o Camiño, as bases do programa tamén deron prioridade aos proxectos que tivesen relación con "o emprendimiento e a empregabilidade"; "a difusión de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil"; "a promoción de actitudes creativas e innovadoras; e o "fomento da inclusión social e laboral".
O obxectivo de Iniciativa Xove é abarcar tanto ás organizacións xuvenís como a grupos informais de mozos que desenvolven proxectos e iniciativas. Os requisitos para formar parte do programa son quelos grupos están comprendidos por entre 5 e 8 persoas, que deben ter entre os 8 e os 30 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.