Aberta unha convocatoria con 500.000 euros para"incentivar as vendas no sector comercial"

As axudas repartiranse en función do número de asociacións que formen parte das federacións. No caso de federacións con 20 ou máis asociacións, a contía máxima recibida será de 70.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A Xunta abriu unha convocatoria por valor de 500.000 euros para conceder axudas a asociacións de comerciantes a nivel comarcal, provincial e autonómico e ás federacións, co obxectivo de"impulsar as compras de proximidade" e "incentivar as vendas no sector comercial", que estará dispoñible ata o próximo 10 de setembro.

O Goberno galego explicou que co fin de alcanzar este obxectivo "apoiásense campañas de dinamización" e "actuacións encamiñadas á promoción de vendas". Detallou tamén que estasiniciativas deben presentarse dentro dun proxecto que mostre a "participación directa" das asociacións integradas na entidade beneficiaria ou dos establecementos comerciais asociados.

As axudas repartiranse en función do número de asociacións que formen parte das federacións. No caso de federacións con 20 ou máis asociacións, a contía máxima recibida será de 70.000 euros.

Para as de menos de 20 asociacións, destinaranse bonos de ata 48.000 euros. Por último, no caso das asociacións de ámbito superior ao municipal a cantidade percibida ascenderá ata os 30.000euros.

O Executivo autonómico sinalou que esta liña de axudas enmárcase na súa aposta por "recuperar e impulsar o papel dinamizador do comercio". A este respecto, detallou que en 2021 tamén hadestinado 2,25 millóns de euros a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e as prazas de abastos. Esta segunda liña pode solicitarse ata o30 de agosto.

Ademais, lembrou que ampliou ata o 31 de outubro o prazo para poder beneficiarse do Bono Activa Comercio. Ata este domingo descargáronse máis de 175.000 bonos por valor de 30 euros e sumáronse 5675 comercios. A Xunta destacou que este bono desconto "contribuíu a que o comercio galego poida mobilizar vendas por un importe global de preto de trece millóns de euros".

Comercio local en Pontevedra
Comercio local en Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta