Morre un home ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba en Vilarmaior

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2021 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Un home perdeu a vida a pasada noite ao envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapado baixo del no concello coruñés de Vilarmaior, segundo informa o 112.

Os feitos tiveron lugar ás 23,00 horas e foron os servizos médicos os que alertaron ao 112 Galicia. Así, indicábase que unha persoa estaba atrapada baixo un vehículo agrícola no lugar de Caneiro, parroquia de Doroña.

Desde o CIAE-112 Galicia alertouse inmediatamente aos Bombeiros de Betanzos e aos axentes da Garda Civil. Unha vez os medios chegaron ao lugar, tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Tractor  EP
Tractor EP | Fonte: REMITIDO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta