Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2021 | Actualizada ás 18:15
Un veciño de Carnota faleceu o pasado sábado nun accidente co tractor co que traballaba nunha leira con eucaliptos, segundo informan fontes da Policía Local.
O home, que acaba de ser enterrado, era de profesión taxista pero tamén desempeñaba traballos agrícolas cortando madeira e rozando leiras.
Tras localizar o cadáver a uns metros do tractor, que aínda estaba en marcha, fíxoselle a autopsia e "todo indica que foi un accidente", sinalan as mesmas fontes.
"Debeu de perder o control e saír disparado do vehículo ou saltou el ao ver o perigo", apunta a Policía Local.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.