Temas: INCENDIOS AMES

O Concello de Ames pide precaución ante a alerta de risco extremo de incendio

Desde o consistorio, pídese, ademais, a colaboración da cidadanía se ven fume ou lume para que alerten ao servizo 085 ou a Protección Civil.

Por E.P. | Ames | 17/08/2021 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

O Concello de Ames alertou de risco de incendio forestal no municipio que se sitúa, segundo explica en base a datos achegados pola Consellería de Medio Rural, por encima do 81%.

Nun comunicado, incide en que "o tempo seco das últimas semanas e o vento fan que o concello de Ames estea en risco extremo de incendio forestal".

Por todo iso, lembra aos veciños e veciñas a prohibición de realizar queimas nesta época do ano, sinala sobre as precaucións a adoptar.

Desde o consistorio, pídese, ademais, a colaboración da cidadanía se ven fume ou lume para que alerten ao servizo 085 ou a Protección Civil.

Incendio. CONCELLO DE AMES
Incendio. CONCELLO DE AMES | Fonte: Europa Press

Temas: INCENDIOS AMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta