Por E.P. | OURENSE | 17/08/2021 | Actualizada ás 12:48
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, redistribuirá o emprazamento de oficinas do Concello para conseguir, sostén, "unha maior operatividade, eficacia e eficiencia no traballo municipal". O rexedor considera que a actual distribución de espazos e dispersión de oficinas polo centro histórico da cidade é unha "herdanza moi daniña que deixaron anteriores alcaldes".
Neste sentido, asegura que "non se pode ser operativos cando o persoal está repartido en pisos e vivendas pola zona vella, cando o que se precisan son espazos diáfanos, con postos de traballo próximos e comunicados".
A actual distribución de espazos, sostén Pérez Jácome, "vén dunha decisión equivocada: a idea horrenda de pensar que se ía a revitalizar a zona vella con oficinas administrativas, algo que non se conseguiu, xa qe para revitalizar a zona o que se necesita é que haxa vivendas habitadas".
Así, para conseguir unha maior operatividade no funcionamento do concello, o rexedor prevé unha reordenación de espazos municipais. A oficina do Servizo de Rehabilitación, Vivenda protexida e PERIs, que actualmente se atopa na rúa Primavera, trasladarase á sede da Concellaría de Urbanismo, que está na rúa García Mosquera.
Tamén se trasladarán proximamente a un novo emprazamento a área de Infraestruturas.Tamén cambiarán o seu emprazamento proximamente servizos que se atopan na actualidade na praza de San Martiño como son Comercio, Educación ou Turismo e Termalismo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.