A Xunta destina 30.000 euros ao envío de 360.000 xiringas para vacinar contra a covid-19 en Cuba

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/08/2021 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

A Xunta destinou 30.000 euros para enviar 360.000 xiringas para vacinar contra o covid-19 en Cuba, unha acción na que a Administración autonómica colabora coa Asociación Solidariedade para o Desenvolvemento e a Paz.

Vacinación contra a COVID-19
Vacinación contra a COVID-19 | Fonte: Junta de Andalucía - Europa Press.

Este convenio, encadrado na Estratexia de resposta á pandemia de covid-19 da Cooperación Galega, permitirá o envío destes equipos ao país caribeño, onde se fornecerán as vacinas desenvolvidas por Cuba no Instituto Finlay e o Centro de Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía.

O acordo entre a Xunta e Sodepaz forma parte do plan anual para a copeeración galega, que dispón dunha dotación orzamentaria este ano de 7,4 millóns de euros, un 12% máis que en 2020.

Pola súa banda, Sodepaz, unha organización independente que ten sede en Galicia desde o ano 1994, traballa desde hai tres décadas en Cuba.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta