A Cámara debaterá o día 25 a petición para a comparecencia de Feijóo polo 'non' do TSXG ao pasaporte covid

O BNG rexistrou a solicitude de reunión pola vía de urxencia da Deputación Permanente, órgano reitor do Lexislativo autonómico durante os períodos entre sesións, como ocorre durante este mes de agosto polo parón asociado ao verán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2021 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

A Cámara galega, a través da Deputación Permanente, debaterá o próximo 25 de agosto a petición do grupo parlamentario do BNG para que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, compareza de forma extraordinaria ante o Lexislativo para dar conta do rexeitamento do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) á obrigatoriedade de presentar o coñecido como certificado covid para entrar en negocios de hostalaría.

Este venres, o BNG rexistrou a solicitude de reunión pola vía de urxencia da Deputación Permanente, órgano reitor do Lexislativo autonómico durante os períodos entre sesións, como ocorre durante este mes de agosto polo parón asociado ao verán.

No encontro debaterase a petición de comparecencia do presidente da Xunta, que a formación frontista reclama para que informe sobre os autos nos que o Alto Tribunal galego rexeitou a implantación do pasaporte covid como requisito para acceder aos negocios de hostalaría e lecer nocturno.

A medida, ditada polo Executivo autonómico, topouse co 'non' da xustiza, que refugou a esixencia do Goberno de pedir este certificado de estar vacinado ou pasar o virus para entrar nestes establecementos ao considerar que non se trata de algo "idóneo" por non "impedir" o contaxio, nin necesaria, polo menos, "no grao que resultaría esixible".

Así o recolle o auto que a Sala de Vacacións do TSXG notificou leste mesmo venres e no que argumenta o fallo adiantado o sábado e polo que  igación de pedir aos clientes o citado certificado.

Os maxistrados considerna que "se as persoas que foron vacinadas ou padeceron a enfermidade, a pesar de desenvolver inmunidade fronte ao virus, poden ser potenciais transmisores do mesmo", desde a Xunta "non se explicou como se evitará o posible contaxio de quen accedesen ao local amparados na presentación dun xustificante pola realización dunha PCR ou un test de antígeno".

A petición de comparencia de Feijóo xa fora avanzada polo BNG hai unha semana ao coñecerse a paralización da esixencia o pasado xoves 12 de agosto, cando o Alto Tribunal suspendeu a medida ao non ser autorizada pola vía xudicial.

Dous días máis tarde, o sábado 14, o TSXG volveu tombar a esixencia, unha vez que a Xunta xa pedira o aval xudicial. Este venres transcendeu a justicicación do fallo dos xuíces, que non consideran "nin idóneo, nin necesario" esixir este documento como requisito para o acceso a este tipo de negocios.

Varios peregrinos camiñan coa súa bicicleta pola Rua do Franco de Santiago. César Arxina - Europa Press
Varios peregrinos camiñan coa súa bicicleta pola Rua do Franco de Santiago. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta