Morre un traballador en Coles e outro é trasladado ao hospital en Tui

Un operario faleceu na tarde deste venres no municipio ourensán de Coles, en concreto, no lugar de Gustei, segundo informa o 112. Os equipos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do traballador.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2021 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

Un operario faleceu na tarde deste venres no municipio ourensán de Coles, en concreto, no lugar de Gustei, segundo informa o 112.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos pouco antes das 15,00 horas, a través dos servizos sanitarios, que comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense ata este punto.

De maneira inmediata, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deron aviso a Protección Civil de Coles e á Garda Civil. Ademais, tamén foi informado o GES do Pereiro de Aguiar.

Xa no lugar, os equipos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do traballador. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar, o operario puido sufrir unha indisposición.

OPERARIO TRASLADADO EN TUI

Por outra banda, na tarde deste venres o 112 Galicia tamén soubo dun accidente laboral na parroquia de Guillarei, en Tui.

Pasadas as cinco e media da tarde, un particular alertou de que un compañeiro sufrira un accidente cunha máquina coa que estaba a traballar.

O CIAE 112 Galicia informou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil de Tui. Os medios desprazados ata o punto confirmaron que o ferido fora trasladado ao Hospital de Fátima.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta