G. Caballero ve no auto do TSXG uha "emenda á totalidade da xestión de Sanidade"

Pide á Xunta que "cambie o rumbo" e estableza un plan de axudas para fortalecer o sistema sanitario e os sectores máis afectados, entre eles, a hostalaría.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2021 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tachou de "demoledor" o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que invalidou a obrigatoriedade de presentar o certificado covid para acceder ao interior dos locais de hostalaría.

Caballero, nunha visita este sábado ao concello de Mondariz na que estivo acompañado polo seu alcalde, José Luís Fernández Piñeiro, comentou que a decisión do tribunal é "unha emenda á totalidade da xestión realizada pola Consellería de Sanidade de Feijóo" e que deixa "meridianamente claro" que a medida "atenta contra os dereitos fundamentais" e que "discrimina e demoniza o sector da hostalaría".

"Queda claro que desde a Consellería de Sanidade non se están facendo ben as cousas e, por tanto, a Xunta de Galicia debe cambiar o rumbo no canto de atacar o sector da hostalaría e de non ofrecerlle seguridade xurídica na desescalada", lamentou o líder socialista. Neste sentido, Gonzalo Caballero asegurou que "non hai reactivación posible se non se fai de acordo ao Estado de dereito e fortalecendo a sanidade pública galega". "Pero Feijóo, con todo, está a debilitar a sanidade pública galega e facendo normas ilegais", insistiu.

É por este motivo que o secretario xeral do PSdeG remarcou que "o que debe facer o presidente da Xunta é sentar inmediatamente co sector para establecer un plan de axudas, para pactar a desescalada e para darlle seguridade xurídica a unha reactivación na que é prioritario fortalecer o sistema sanitario e os sectores máis afectados", entre os que destacou a hostalaría, "que ten dificultades e que necesita a reactivación este verán".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero | Fonte: PSdeG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Os cegos vén o que queren ver... Seica non vé demoledora a resolución do TC sobre os 6 meses de confinamento gratuíto decretados polo Goberno Central sobre 47 millóns de cidadáns (?) http://www.galiciaconfidencial.com/...