Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/08/2021 | Actualizada ás 19:54
Catro persoas resultaron feridas na tarde deste domingo nun accidente de tráfico na A-52, ao seu paso polo concello ourensán de Trasmiras. Tal e como informou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar á altura do punto quilométrico 182, sentido Benavente. Dous dos feridos foron evacuados en ambulancia polos profesionais do servizo de urxencias sanitarias.
Poucos minutos antes das cinco da tarde, o 112 Galicia comezou a recibir diversas chamadas de particulares para informar dun sinistro na estrada, no que había unha furgoneta envorcada e os seus ocupantes parecían necesitar axuda para abandonar o vehículo. De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaron da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Ante a posibilidade de haber persoas atrapadas, ata o lugar tamén se desprazou unha dotación do Parque de Bombeiros de Xinzo de Limia, pero unha vez no punto, confirmaron que todos os feridos estaban liberados e accesibles. Ademais, os equipos de intervención contaron co respaldo e apoio dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento das estradas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.