Pontón acusa á Xunta de "maquillar" as listas de espera e de "rozar a prevaricación" na atención primaria

O BNG reclama ao PP un "incremento substancial" dos recursos para atención primaria nos orzamentos do próximo ano

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, considera que a Xunta "roza a prevaricación" por "non mover un dedo" ante a "situación límite" que, di, atravesa a atención primaria nos servizos sanitarios galegos pola "falta de medios e recursos" derivados da "precaridade e os recortes impostos estes anos".

Así se manifestou a líder nacionalista nunha rolda de prensa celebrada este luns no Parlamento de Galicia, onde emprazou á Xunta que preside Alberto Núñez Feijóo a adoptar medidas de carácter "urxente" para atallar a situación "límite" da sanidade galega que, segundo Pontón, sofre unha "deterioración brutal" polas condicións do persoal do Sergas.

Neste sentido, denunciou a "deterioración" dos servizos sanitarios en Galicia, motivado "poloos recortes" e a "falta de medios", que deixa "uns profesionais extenuados" e supón unha "deterioración da saúde das persoas".

Todo iso, segundo a nacionalista, "agravado" polo feito de darse "no medio da maior crise sanitaria dos últimos 100 anos", polo que emprazou a adoptar decisións ao Executivo autonómico, a quen afea que se dedique "a buscar escusas no canto de solucións".

Pontón tachou de "inaceptables" as listas de espera en atención primaria, que nalgunhas áreas sanitarias "son de ata 15 días", e que constitúen "unha mostra da deterioración ao que conduce o goberno de Feijóo á sanidade pública".

Tras lembrar que a situación en atención primaria motivou a celebración ao longo das últimas semanas de concentracións de protesta  "do Baixo Miño a Coruña e de Ribadeo a Vigo", a líder do BNG emprazou a "non perder de vista o ámbito hospitalario" ante o "incremento" das listas de espera e os tempos de intervención.

Neste sentido, lembrou que, segundo os "maquillados" datos da propia Consellería de Sanidade, son 3.400 máis as persoas en lista de espera para ser intervidos cirurxicamente --un aumento do 10,23% respecto ao pasado ano-- e 39.000 máis as que o fan para ser atendidos por un especialista -un aumento do 36%--.

"É falso que non hai persoal suficiente. O problema é a precaridade e os recortes impostos este ano", aseverou Pontón antes de exclamar que é preciso "denunciar con toda claridade" que a xestión coa sanidade pública do PP "é indecente e roza a prevaricación" por ser conscientes de como se atopan "e non mover un dedo".

PROPOSTA BNG

Así as cousas, a portavoz do Bloque emprazou á Xunta a adoptar medidas para as que, di, "só" é preciso que exista "vontade política para reforzar a sanidade pública".

Como primeira cuestión, os nacionalistas piden un "plan de choque" con 200 millóns de euros para a contratación de persoal, así como a adopción, a medio prazo, dunha subida das partidas orzamentarias para atención primaria ata alcanzar ao final da presente lexislatura que supoña o 25% do total dos recursos do Servizo Galego de Saúde.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón / BNG. / Europa Press
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón / BNG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta