Concienciación para un consumo responsable da auga

O Concello de Verín e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, impulsan a campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca”.

Por X.M. Fernández | Verín | 24/08/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O obxectivo desta iniciativa é concienciar á veciñanza da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos e anticiparse ás situacións de seca da época estival. A mensaxe de sensibilización difúndese a través de carteis informativos en edificios municipais, nas instalacións do servizo municipal de auga e nas redes socias de ambas entidades.    

Concello de Verín. Foto: XMF
Concello de Verín. Foto: XMF

Para poder manter as reservas hídricas durante o período vacacional, no que hai menos choivas e temperaturas máis altas, é imprescindible realizar un consumo eficiente da auga potable. Actualmente, a capacidade dos embalses da comunidade aínda presenta boas porcentaxes, pero o descenso é continuo. Na Confederación Hidrográfica Miño-Sil a reserva hídrica atópase nun 48,9 % en Galicia Costa nun 67 %.

CONSELLOS PARA UN CONSUMO RESPONSABLE

Esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga como pechar a billa mentres cepillamos os dentes, ducharse en lugar de darse un baño, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas.

Tamén advirte do consumo en relación a actividades típicas deste época aconsellando, por exemplo, reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns. E para aqueles que marchan uns días de vacacións recoméndaselles pechar a chave de paso de auga da vivenda.

Espina & Delfín é o principal grupo galego que se ocupa do ciclo integral da auga, sector no que presta asistencia técnica, deseña, fabrica, constrúe e mantén infraestruturas diversas; ao tempo que xestiona servizos de abastecemento, saneamento e depuración. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta