Estado e Xunta estreitan lazos para profundar na loita contra o furtivismo

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana reuníronse na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O Goberno central e a Xunta estreitaron lazos para unir forzas de face a combater o furtivismo en Galicia a través da colaboración entre as forzas de seguridade do Estado e os Gardacostas. Foi a través dunha reunión mantida este luns na Coruña entre o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Alí, ambas as administracións comprometéronse a reforzar os lazos de colaboración para continuar facendo fronte á extracción ilegal de peixe e marisco.

Neste sentido, Miñones e Quintana coincidiron en que estas prácticas deben ser perseguidas desde a extracción á venda, incluído o transporte da mercadoría obtida de forma ilícita.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o delegado do Goberno, José Miñones, nunha reunión. MONCHO FONTES / XUNTA / Europa Press
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o delegado do Goberno, José Miñones, nunha reunión. MONCHO FONTES / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta