CCOO responsabliza ao Estado do auxe do prezo da luz pola súa planificación "errónea" da transición enerxética

Insta a Xunta e Estado a apostar polas renovables como vía para "amortecer" a perda de emprego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras (CC.OO.) responsabilizou ao Goberno do Estado do auxe do prezo da luz, que vincula á plantificación "errónea" do proceso de transición enerxética ao "desmantelar anticipidamente as fontes de xeración tradicionais" antes de "promover novos escenarios".

Nun comunicado, a central instou ás administracións autonómica e estatal a que aposten polo despregamento das enerxías renovables como vía para "amortecer" a perda de emprego en Galicia asociada a "unha transición enerxética mal planificada" e, ao mesmo tempo, "frear o disparate" do prezo da luz.

O sindicato carga contra a xestión da transición enerxética por parte do Estado, xa que, ao seu xuízo, "dista moito de ser xusta" para os traballadores que padecen "a destrución dos seus empregos ou, no mellor dos casos, a incerteza".

Tras pór o acento na "desorde" e as "sucesivas contradicións" nas que, din, incorren as decisións dos gobernos, Comisións remarca que o Goberno estatal "errou" porque "antes de promover novos escenarios de produción enerxética sustentable" o que fixo foi "desmantelar anticipadamente as fontes de xeración tradicionais".

Para Comisións, a "consecuencia" está a ser a alza dos prezos da luz, que marcan máximos históricos no que entenden como "un custo ineludible que asumen familias e empresas".

A federación de Industria de Comisións en Galicia cre que a solución a este problema pasa por "acelerar ao máximo a posta en marcha de instalacións de enerxías renovables" posto que "permitiría a absorción de emprego".

Ademais, incide en que esta aposta polas renovables "supón asegurar que a fixación dos prezos non a determinen as fontes de enerxía cun custo de produción máis elevado como o gas natural", algo que "reduciría os prezos medios da electricidade ao relegar ás fontes de xeración máis caras".

"É imprescindible que Xunta e Goberno central, tanto o señor Feijóo como a ministra Ribeira entendan a urxencia de crear unha empresa pública da enerxía para intervir no sector", sinala secretario xeral de CCOO Industria, Víctor Ledo.

Gráfico de subida do prezo da luz. OMIE
Gráfico de subida do prezo da luz. OMIE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta