Estabilizado un incendio declarado en Ponteceso que afectou a unhas 90 hectáreas

Participan ata o momento 4 técnicos, 7 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 6 avións e 6 helicópteros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2021 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou este martes da estabilización dun incendio que se declarou a última hora da tarde deste luns en Ponteceso (A Coruña), e quedou estabilizado sobre as 8,30 horas deste martes.

Segundo a información trasladada pola Xunta, o lume iniciouse pouco antes das 20,00 horas na parroquia de Niñóns e, segundo as estimacións realizadas, a superficie queimada (provisional) é dunhas 90 hectáreas.

No control do incendio participaron ata o momento 4 técnicos, 7 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 6 avións e 6 helicópteros.

Medio Rural lembrou que a cidadanía ten á súa disposición o número de teléfono gratuíto 085 para avisar en caso de incendio forestal, e hai outro teléfono, o 900.815.085 (anónimo e gratuíto) para denunciar actividade delituosa incendiaria.

Hidroavión en labores de extinción dun incendio
Hidroavión en labores de extinción dun incendio | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta