Lugo e Santiago, as áreas sanitarias onde soben os contaxios da Covid

Descende a presión hospitalaria, con 5 pacientes menos en UCI e 26 pacientes menos en 'planta'.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 24/08/2021 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou nas últimas horas 402 novos contaxios por Covid, 45 menos que os novos casos notificados hai un día, e o número de novos contaxiados descende en todas as áreas, excepto as de Lugo e Santiago, onde repuntan lixeiramente, e Ferrol, onde se manteñen.

Segundo os datos feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade (con información solicitada ata as 18,00 horas do luns), na área de Lugo confirmáronse 112 novos contaxios nas últimas 24 horas (34 máis que na xornada precente), mentres que na área de Santiago foron 82 os novos contaxios (7 máis). Na área sanitaria da Coruña confirmáronse 81 novos casos, que son 20 menos que os rexistrados o día anterior; en Vigo houbo 43 novos contaxios (29 menos); en Ferrol, 33 novos contaxios (mesmo número que o día anterior); 26 contaxios novos en Pontevedra (19 menos); e 25 na área de Ourense (18 menos).

Ademais do descenso global no número de novos contaxios, os casos activos de Covid (persoas que padecen a enfermidade) en Galicia baixaron ata os 10.038, o que supón 373 menos que hai un día. Os descensos rexistráronse en todas as áreas sanitarias, excepto a de Lugo.

Así, a área da Coruña mantense á cabeza no número de casos, con 2.930 (166 menos), seguida por Vigo, con 2.282 casos activos (147 menos). En Lugo hai 1.292 casos activos (61 máis); en Santiago hai 1.202 casos (9 menos); en Pontevedra hai 884 casos activos (61 menos); en Ferrol hai 751 casos (34 menos); e en Ourense hai 697 casos (17 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Os datos publicados por Sanidade reflicten unha redución da presión hospitalaria, tanto en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) como en unidades de hospitalización convencional. Así, notificáronse 58 pacientes con Covid ingresados en coidados críticos (5 menos) e 242 pacientes en 'planta' (26 menos).

Por áreas, o maior número de pacientes graves atópase no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, con 19 casos en UCI (sen cambios). Na área de Vigo mantéñense 10 pacientes en UCI; na área de Ferrol hai 9 pacientes en UCI (dous menos que hai 24 horas); na área de Ourense seguen 8 pacientes en UCI; na área de Santiago son 5 os pacientes en coidados críticos (un menos); en Pontevedra seguen 4 pacientes en UCI; e en Lugo os pacientes máis graves baixaron a 3 (dous menos).

CURADOS, FALECIDOS E PROBAS DIAGNÓSTICAS

Desde o inicio da pandemia de Covid recuperáronse da enfermidade 162.900 persoas, das que 769 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Por contra, faleceron 2.546 contaxiados.

Un autobús onde realizan test de antígenos na Mariña (Lugo), en xullo de 2021.. Carlos Castro - Europa Press
Un autobús onde realizan test de antígenos na Mariña (Lugo), en xullo de 2021.. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta