Máis de 100.000 galegos de entre 10 e 19 anos teñen polo menos unha dose da vacina

Aumenta en case 3.000 persoas a poboación inmunizada nunha xornada con máis doses recibidas, un catro millóns.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 24/08/2021 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Un total de 103.498 galegos de entre 10 e 19 anos contan con polo menos unha dose da vacina pola Covid 19, dos que 33.991 son menores de entre 10 e 14 anos e 69.507 teñen entre 15 e 19 anos. Mentres, a poboación inmunizada en Galicia ascende a 1.926.497, 2.529 máis respecto da xornada anterior.

Esta cifra representa o 78,48% da poboación diana e o 71,35% da poboación xeral, de acordo cos últimos datos da campaña de vacinación feitos públicos este martes pola Consellería de Sanidade e tras unha xornada do luns centrada na vacinación dos menores de 12 e 13 anos.

De acordo co último balance, as doses recibidas sitúanse en 4.074.675, o que supón 118.170 máis. Delas, administráronse, 3.920.648, 34.856 máis, o 96,2%. Tras a semana pasada centrada en avanzar na inmunización dos menores de 20 anos, o luns a xornada centrouse en vacinar a menores de 12 e 13 anos, coa vacina Moderna.

Esta xornada destinarase a completar pautas de persoas de entre 20 e 29 anos, mentres que a vacinación dos máis novos retomarase a partir do mércores, aínda que tamén se vacinará no caso de autocitas e repescas.

GRUPOS DE IDADE

De acordo cos datos publicados por Sanidade, ata agora foron inoculados 176.118 mozos de entre 20 e 29 anos, o que representa o 76,3% da poboación nesta franxa susceptible de recibir a vacina. No tramo de 15 a 19 anos, foron vacinados 69.507 e no de 10 a 14 anos 33.991.

Mentres, recibiron polo menos unha dose 253.568 persoas de entre 30 e 39 anos de idade, o que supón o 78,4% do grupo, e a poboación maior de 40 anos que recibiu polo menos unha dose ascende a 1.642.870, un 95,5% da poboación diana.

En total, hai 2.176.054 persoas que recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, un 88,65% da poboación diana e un 80,59% da poboación na súa totalidade.

Un grupo de menores esperan a ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna. César Arxina - Europa Press
Un grupo de menores esperan a ser vacinados da primeira dose da vacina Moderna. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta